As bestas: cinema para o debate

Cartel do filme, tirado da web Fotogramas

Coa vontade de achegarlle diferentes linguaxes e suscitar debates e reflexións desde as diversas materias, o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu o pasado martes 29 de novembro, nos Cines Avenida de Caldas, á proxección da película As bestas.

Esta actividade serve para conectar a actualidade co proceso de aprendizaxe posto que o filme de Rodrigo Sorogoyen vai ser sen dúbida un dos acontecementos cinematográficos do ano.

Proxección da película galega “María Solinha para 2º Bach” e coloquio co director Ignacio Vilar

O pasado día 16 o alumnado de 2º Bach asistiu á proxección do premiado filme galego “María Solinha” no Cine Avenida de Caldas, que rescata a historia desta personaxe lendaria da nosa terra. Posteriormente produciouse un animado coloquio co director Ignacio Vilar