O alumnado de 2º de ESO asistiu o xoves 12 a unha performance feminista no Auditorio Municipal. Alí puideron presenciar unha proposta orixinal e reivindicativa

O alumnado de 2º de ESO asistiu o xoves 12 a unha performance feminista no Auditorio Municipal. Alí puideron presenciar unha proposta orixinal e reivindicativa
Hoxe, xoves 12, Baia Fernández desenvolveu a primeira das 3 sesións que impartirá ao longo do mes con 1º Bach. Tras dous anos convivindo coa pandemia, guerras…parece necesario ofrecer ferramentas para coñecer e empregar as nosas emocións…
Hoxe pola mañá tanto o profesorado de Ciencias, como o alumnado do Aquis, non parou de transportar material, preparar todo…para logo ofrecer unhas extraordinarias exposicións para o resto de alumnado dos distintos centros que pasaron pola Avenida Román López e á cidadanía de Caldas, que se achegaron ás mesas coas diferentes experiencias. Parabéns a todos/as. Velaí imaxes deste día:
O ex-alumno e artista multifacético Pablo Rodríguez desenvolveu un obradoiro de creación de fanzines, partindo dos poemas creados polo alumnado de 4º de ESO, dentro do Proxecto: “Poesía para pasear o mundo”. As seguintes fotos recollen distintos momentos do obradoiro: