Programas de radio. Activistas polo mundo que queremos

O alumnado de 2º e 3º de ESO desenvolveu este curso o Proxecto: “Activistas polo mundo que queremos” para afondar sobre igualdade, medioambiente e contra a cultura do odio. O traballo que realizaron nas diferentes materias tivo como resultado final un encontro con dúas artistas moi destacadas dun colectivo feminista de hip hop do Salvador, ademais da elaboración destes marabillosos programas de radio que compartimos aquí. Parabéns!!! Un outro mundo é possíbel!

Día do Libro

Hoxe 22 de abril celebramos o Día do Libro (23 de abril) con diferentes actividades: Un “camiño dos libros”, instalación-percorrido con libros da Biblioteca que serviu para que alumnado de 1º e 2º de ESO en Lingua Castelá e Lingua Galega crearan historias partindo dos títulos dos libros. Outra das actividades desenvolvídas pola mañá, consistiu en que o profesorado aproveitou para ler en cada curso do instituto, nos primeros 5 minutos de cada clase, libros escollidos pola Biblioteca (de divulgación, literarios…) en galego e castelán, Tamén o profesorado podía traer un libro e escoller a lectura. Ademais, alumnado de Teatro alfa de 1º Bach desenvolveu unha performance literaria fronte á Biblioteca Municipal (coa colaboración da mesma) ao tempo que repartiu papeis recomendando libros entre a cidadanía. Velaí unhas imaxes e o vídeo destas accións.

Visita de estudos. Programa Agrupamento JAVACAL. IES Bury Al-Hamma. Baños de la Encina (Jaen)

Unha delegación do noso centro, 8 alumnos/as de ESO e Bach acompañados de José Formigo, Rexina; Belén e Noelia mostraron ante o centro educativo os diferentes proxectos e programas dos que participa o noso instituto. Aproveitaron para ademais de facer unha presentación, coñecer as aulas. e a contorna. Velaí as imaxes desta enriquecedora experiencia