Día Mundial Forestal

O pasado venres 11 de marzo, o alumnado de 1º de ESO conmemorou o Día Mundial Forestal plantando árbores en monte Calvo , parroquia de San Clemente. Plantáronse 410 árbores das especies castiñeiro de froito (60),castiñeiro de madeira (150), pradairo (50), cerdeira (100) e nogais do país (50). Velaí unha imaxes dese día:

Radio Activista

Hoxe, 10 de marzo, o alumnado de 2º e 3º de ESO tivo a oportunidade de gravar uns marabillosos programas de radio dentro do Proxecta + “Activistas polo mundo que queremos”. En breve terán un encontro mol especial coas activistas do Sur (activistas artistas de Hip hop do Salvador). Recollemos fotos do proceso de gravación do programa que escoltaremos nunha semana (unha vez rematada a edición).

8M (I). Lecturas en feminino plural…

Un día máis volvemos coas lecturas compartidas. Blanca e Mirian leron uns fragmentos da Casa de Mango Street, de Sandra Cisneros para o alumnado de 3º e de 4º da ESO.

A autora estadounidense, de orixe mexicana, móstranos a través da mirada infantil da narradora a desigualdade das mulleres na sociedade americana; unha desigualdade que se fai máis evidente se ademais a muller é de orixe latina.

Ademais completamos o 9 de marzo con outras accións, como o emprego do xenérico feminino ao longo da xornada para visibilizar ás mulleres (tantas veces ignoradas e silenciadas…)