
Mes: Xaneiro 2022
Inácio de 2º Bach e Noa de 1º Bach premiados na fase galega da LVIII Olimpíada Matemática Española
O noso alumno, de 2º de Bacharelato, Inacio Suárez Camiña obtivo o 2º Premio e representará a Galicia na Fase Nacional da LVIII Olimpíada Matemática Española.
Tamén a nosa alumna de 1º Bach, Noa Magariños Couselo obtivo Mención de Honra.
Parabéns ao alumnado e ao departamento de Matemáticas polo traballo desenvolvido!
http://www.usc.es/olympia/2022/gan.htm
http://www.usc.es/olympia/2022/fin.htm


Obradoiro: “As relacións de parella na adolescencia” 4º de ESO
Hoxe, o alumnado de 4º de ESO desenvolveu un obradoiro con Rosa, especialista no CRI (Centro de Recuperación Integral para Mulleres vítimas de violencia de xénero) de Santiago. Previamente o alumnado desenvolveu un traballo a través de titoría e orientación

Programa Stembach
As alumnas Emma e Laura de 1º Bach aproveitaron as tardes de mércores e xoves para realizar un traballo de investigación en colaboración coa Universidade de Vigo, na Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, no proxecto de “Produción de Bioetanol a partir de residuos de froitas”
Charla de Anya Rit. Relatos contra a violencia de xénero
O martes, 11 de xaneiro o alumnado de 3º de ESO (en clase de Lingua Castelá) tivo un encontro coa ex-alumna Anya Rit, que ven de publicar o relato: “El príncipe que se convirtió en bestia”. Foron 2 sesións nas que o alumnado participou mol activamente no debate.
