Premio para o Proxecto Interdisciplinar do noso instituto: “As palabras no camiño II”

O traballo que desenvolveu gran parte do alumnado e profesorado o curso pasado: “Palabras no camiño II” recibiu un novo premio (xa recibira no pasado mes de xuño o premio de Innovación en Dinamización da Lingua). Nesta ocasión o premio foi por Proxectos coordinados desde a Biblioteca Escolar”. Neste traballo o alumnado elaborou vídeos sobre gastronomía, música, lingua, música, literatura, aula, fontes e outras xeneralidades do Camino Portugués a Santiago. Aos vídeos accédese por códigos QR, ademais de a outra información sobre o patrimonio cultural e paisaxístico. É a terceira vez que o centro resulta premiado no Concurso de Traballos por Proxectos da Biblioteca Escolar nas seas sete edicións. Así o reflictiu a prensa:

Proxección da película galega “María Solinha para 2º Bach” e coloquio co director Ignacio Vilar

O pasado día 16 o alumnado de 2º Bach asistiu á proxección do premiado filme galego “María Solinha” no Cine Avenida de Caldas, que rescata a historia desta personaxe lendaria da nosa terra. Posteriormente produciouse un animado coloquio co director Ignacio Vilar

25N: as palabras fronte a forza bruta!

Ademais dunha mesa temática con lecturas, guías contra a violencia machista que elaborou o Equipo de Biblioteca, as alumnas do Club de Lectura: Sara, Blanca, Adriana e Miriam realizaron unha contada en 1º de ESO (Horas de Ler activas), lendo un capítulo do libro: “O grupo” de An Alfaya, no que Carla relata unha situación que conmoveu ao alumnado de 1º de ESO.