Alba, Diego e Claudia de 2º Bach participaron na VI Olimpiada de tradución de textos clásicos, que se desenvolveu na facultade de Filoloxía, en Santiago.



Alba, Diego e Claudia de 2º Bach participaron na VI Olimpiada de tradución de textos clásicos, que se desenvolveu na facultade de Filoloxía, en Santiago.
O pasado vendes 21, despedimos ao alumnado de 2º Bach que remata unha importante etapa da súa vida. O acto presentado por Mara e Carmen, resultou emotivo coas palabras de Cristina, María e Diego. Gozamos co talento musical de Uxía e Carmen…A despedida e recoñecemento a profesoras, titoras…foi parte importante da celebración. Tras estes difíciles anos que viviu o alumnado foi un feliz encontro de alumnado e profesorado que superou as malas previsións metereolóxicas. Deixamos a continuación unha escolma de imaxes que tirou Gabriel, e que compartiu co centro.
Hoxe mércores 19, 2º de ESO participou, ao longo da mañá (en grupos de 4 alumnos/as), dunha xincana que lles achegou á vida e obra da homenaxeada Xela Arias. Valéndose de móbiles, códigos QR, xices, equilibrio, talento literario, imaxinación e intempestividade… acometeron un percorrido deseñado por 12 docentes que traballaron arreo para que poidésemos gozar desta feliz xornada.
Hoxe recibimos a visita do gran artista e divulgador da nosa cultura Heitor Picallo, quen xenerosamente compartiu con alumnado de Educación Plástica de 4º orixinais das súas ilustracións para o libro que vén de publicar: “As Letras Galegas en Caricatura”, ademais vinculou as ilustracións cos autores e autoras homenaxeados nas Letras Galegas e con algunhas primeiras edicións de obras da literatura galega.
Paseos sonoros, ximcanas, grandes cartaces, concursos, radio…Unha chea de actividades celebrarán nestes días á poeta Xela Arias. Dende o xogo, a música, a poesía, a acción… descubriremos a esta artista moderna e revolucionaria para as letras galegas…
A asociación Illa Bufarada desenvolveu un obradoiro de xénero e youtube co alumnado de 4º de ESO
O alumnado de 4º de ESO tivo un obradoiro de creación audiovisual con Sara de Olloboi, quen relacionou as redes sociais e a creación audivisual, ofrecendo referentes, ademais de ferramentas para crear
A autora do libro “Os nenos da varíola” tivo un encontro co alumnado de 3º de ESO que traballou arredor da súa obra
A alumna Inés Ferrín Castro de 2º ESO A pasou a fase provincial da Olimpiada Matemática e acudirá o vindeiro 20 de maio á fase final, que se celebrará en Lugo. Parabéns!