Semana da Ciencia

O 27 e 28 de abril 13 mesas de experiencias enchen o noso centro.

Ademais dos departamentos de Ciencias, súmanse este curso francés, portugués e plástica. Os experimentos realizados por alumnado de ESO e algúns de Bach inclúen fabricación e programación dun invernadoiro, reaccións químicas a través de volcáns, hologramas…Todas as actividades están dedicadas ás froitas e verduras: “máis saúde e menos desperdicio”, xa que a ONU declarou este ano, “Ano Mundial de froitas e verduras”.

A Semana da Ciencia é unha oportunidade para o profesorado para coordinar proxectos en común, e para o alumnado supón unha experiencia na que desenvolve diferentes competencias.