O venres 21 presentamos a app das “Palabras no Camiño”. Este proxecto interdisciplibar culminou o venres cunha andaina de Barosa a Caldas (tramo do camiño portugués) e coa presentación no Auditorio Municipal da app (coa colaboración do Concello), trátase dun xogo para aqueles/as que realizan o camiño protugués. Neste proxecto poténciase o uso do galego e dase a coñecer aos peregrinos a contorna de Caldas. Cada monumento ou lugar de interese leva unha placa cun código QR que inclúe un video explicativo elaborado polo alumnado. O traballo coas novas tecnoloxías foi fundamental!
Mes: Xuño 2019
Visita a Aveiro do Club de Lectura e EDLG xunto co IES de Porto do Son
Os días 20 e 21 de xuño gozamos da fermosa vila de Aveiro, non só fumos nos moliceiros (tipo de góndola propia da vila), tamén fixemos un roteiro histórico-cultural, elaboramos poemas dadaistas, visitamos o Museo Fábrica de Ciencia Viva (elaborando hologramas, ou desenvolvendo programación de robótica) e visitamos a excelsa Biblioteca de Ílhavo, onde puidemos asistir a unha sesión de contacontos e facer un obradoiro de expresións. Unha viaxe que pagou ben a pena!!!!
Despedida de 4º de ESO
O venres 21 foi tamén a despedida do alumnado de 4º de ESO. Mostraron o seu talento musical…e recibiron unhas orlas para o recordo!!!
Co final de curso…Teatro
O alumnado dos grupos de teatro realizou representacións do “Achado do castro” e “Somos criminais”. Velaí unha mostra da primeira das representacións: