Escola de Nais e Pais. Educando en igualdade e corresponsabilidade

Este martes 4 de decembro tivemos a oportunidade de comezar a Escola de Nais e Pais contando coa intervención do alumnado de 3º ESO C que presentaron un estudo sobre corresponsabilidade no ámbito doméstico referido ao noso centro. Esa brillante intervención foi seguida da moi interesante charla de Mercedes Renda Melón, membro de APAIOGA (Axencia Porfesional de Axentes de Igualdade de Galicia). Houbo un interesante debate posterior a charla

O pase de diapositivas require JavaScript.