Mes: Outubro 2018
Teatro “Arnoia Arnoia” para 2º Bach e visita ao Obradoiro
O alumnado de 2º Bach asistiu á representación da obra “Arnoia Arnoia” polo CDG coa dirección de Quico Cadaval, na adaptación da novela de Méndez Ferrín. O espectáculo teatro-circense foi do agrado do alumnado, que completou a visita cunha explicación do alumnado de Historia da Arte da fachada do Obradoiro.
Charla de eminentes científicos colombianos para o alumnado de ciencias de Bacharelato
Hoxe, 10 de outubro o alumnado de Ciencias do IES Aquis Celenis tivo a oportunidade de achegarse a dous científicos colombianos de gran prestixio internacional. Por unha banda ao Dr. Jorge Reynolds Pombo, creador mundial do primeiro marcapasos, e por outra ao Dr. Gabriel Jaime Gómez Carder, experto en astronomía e Ciencias Naturais. Estes científicos achegáronse a Caldas no 250 aniversario do nacemento de Francisco José de Caldas (científico, inventor, historiador fundamental na historia de Colombia e de orixe caldense)
Comezamos o Banco de Alimentos. Colabora!
Ti es Aquis, recorda, axúdanos a recoller leite, cacao e galletas no mes de outubro, e a través da ONG “Fundación Amigos de Galicia” chegar a moitas familias da contorna e axudarlles…O cartaz de Cristina, Paula e Alicia!!!